Thursday 02 de May de 2024

A Escola Galega de Consumo ofrecerá mañá unha charla sobre “A factura da luz”


A Escola Galega de Consumo impulsa a través do Instituto Galego de Consumo e Competencia unha nova charla aberta, mediante aula virtual, da iniciativa “Venres de consumo responde”. O tema a abordar mañá, a partir das 12.30 horas, será a “A factura da luz”, segundo avanzaron dende a organización.

Para poder participar é preciso entrar na web do Instituto Galego de Consumo e Competencia: https://consumo.xunta.gal/gl e pinchar na foto –da páxina principal, á esquerda- que indica “Venres de consumo”. Unha vez nesa ligazón xa se poderá acceder á aula de videoconferencia e tan só será preciso premer na ligazón habilitada para acceder á mesma.

As sesións de “Venres de Consumo responde” regresarán o vindeiro mes de setembro, sendo a de mañá a última das charlas programadas ata finais do verán. O día 2 de setembro, tal e como avanzaron dende a Escola Galega de Consumo, abordarase o tema de “Os dereitos básicos das persoas consumidoras”.